Volver al censo
Ficha pública
Retrato para FilladeBrigantium

FilladeBrigantium

Marta Rodríguez Pía · A Coruña
Biografía

Nacín na Coruña e dende moi pequena sentín unha inclinación natural cara a escritura e o debuxo. Durante anos explorei distintas formas de expresión creativa: a música, o ballet, a imaxe, a palabra. Co tempo, escribir converteuse no eixo dende o que todo comezou a ordenarse. Aí entendín que comunicar non era só dicir cousas, senon escoitar, observar e traducir o esencial.

Poema 1
Ainda algunhas veces, sigo escoitando ecos de pisadas na miña memoria. Soan familiares, mais non consigo lembrar que pés son os que soan. Só unha lixeira tristeza que me envolve como unha brisa repentina, e logo marcha. Alzheimer da alma.
Poema 2
Quedo ollando cara aos chanzos hipnotizada pola beleza do lugar. De sotaque, escoito uns pasos que se achegan, rebotando nas maxestuosas paredes de pedra con musicalidade. Un ar frío percorre a miña espalda e erízanseme tódolos pelos do corpo. Non me atrevo a mirar atrás, sei que estás aí, nunca dubidei que aparecerías.
Por qué me considero poeta

Para mí siempre ha sido más fácil expresarme a través de las metáforas , hipérboles, anáforas... y las diferentes figuras literarias, que hablar directamente de lo que sentía. Ha sido mi lenguaje desde que era pequeña, necesito la poesía para entenderme y poderme comunicar con el mundo.

Enlaces
Ficha número 64 del censo. Ficha actualizada el 7 de agosto de 2026Siguiente poeta →