Volver al censo
Ficha pública
Retrato para Yolanda Alcas

YolandaAlcas

Yolanda Álvarez Castro · Bóveda
Biografía

Son unha muller creativa, curiosa e profundamente ligada á palabra. A escrita é o meu xeito de estar no mundo: escribo para entender, para nomear o que doe, o que medra e o que ás veces fica en silencio. Móvome entre a poesía e a narrativa, cunha voz intimista que bebe da emoción, da memoria e da experiencia vital. Interésame especialmente a creación con e para a infancia, o poder das historias como espazo de encontro e imaxinación, e a arte como ferramenta de expresión e coidado. Con tres contos infantís publicados: "O MISTERIO DO TULIPÁN " "ZAPATO E BOTA" e " PEDRO E O VAGALUME". Gústame traballar con detalle, escoitar o que a historia pide e darlle tempo ás ideas para que atopen a súa forma. Creo na beleza do cotián, na forza do sensíbel e na palabra como casa. Escribo porque é unha maneira de respirar, de resistir e de deixar pegada. Diso trata o meu poemario "A CULPA ERA ROSA E COMÉUNA UNHA VACA".

Poema 1
Eu, bailarina de danza clásica Tamén chamado ballet Arte en movemento Que con menos anos Me brotaba por cada poro da pel. Con cada paso expresaba un sentimento, Capaz de flotar tan alto, Capaz de acariciar ca punta dos meus dedos Cada estrela do inmenso firmamento. Capaz de voar Capaz de soñar sin necesidade dos ollos pechar. Pero as veces os soños pasan a ser pesadelos, E aínda que por fora vestía de branco Por dentro comezaba a estar podrida. Choraba bágoas caladas Porque nin sequera elas berraban. Sempre a cabeza 'gacha' Por moito que ma'estiraran. De exemplo, unha longa bara , Que con firmeza agarraba A que sen dúbida mandaba De compañeira, unha pesa, Que sen piedade marcaba O que eu sen respirar agochaba. E tras esa cifra cada vez mais menguada, Esa mirada xulgante que sen falar xa berraba. Cos días a cifra xa era más reducida, Loitando contra os mareos E a mirada enrevesada desa muller elegante, que todas idolatraban. Eu ansiosa desa perfección Pechaba a boca e sen querelo encollía o corazón. Cando esos kilos baixaban Ela orgullosa me ollaba pero o meu ritmo freaba, Sempre furiosa e cansada Así esa nena se atopaba. Miña nai desesperada sen entender que pasaba, Choraba desalentada Pero esa nena...por fin encaixaba O problema foi medrando E as forzas foron menguando E esa nai sobrepasada Enfrontandose o xigante Dixo firme e xa cansada, Se non comes nena, non seguirás bailando . Cada día eran uns gramos Pero a cabeza rexeitaba O que o corpo precisaba No espello era unha extraña Un cadáver que ainda andaba. Con moita axuda e cariño A cousa foi mellorando Cada gramo, cada kilo Cada risa ,cada abrazo. O fantasma da enfermidade Aínda na cabeza habitaba, Pero eu valente e empoderada Cada noite contra el loitaba. E gañaba, e gañaba e gañei. E agora dende a distancia Compadezo as pobres nenas Que morrendo por encaixar, En caixa van por morrer.
Poema 2
Quizás tu eres faro en esta oscuridad Pero yo aún no aprendí a buscar Quizás tu eres paseo Y yo solo corro al escapar Quizás tu eres caricia Que yo me acostumbre a esquivar Quizás tu eres vida Que yo no sé disfrutar Quizás tu eres compañía Que me saque de esta soledad Quizás tu eres cura Para esta enfermedad Quizás tu eres tregua En mi guerra personal Quizas Tu eres ritmo en el compás Pero Quizás yo aún no aprendí a bailar Quizas Tu eres viento fresco y libertad Pero yo mi amor aún no aprendí a volar Quizás tu eres abrigo en la tempestad Más decidí no intentarme resguardar Quizás tu eres bastón En el que poderme apoyar Quizás tu eres camino Que me queda por andar Quuzas Tu eres calma y felicidad Pero lo siento quizás yo Estoy acostumbrada a pelear Quizás tu eres ventana Con vistas al mar Quizás tu eres conversación Pero yo no estoy acostumbrada a hablar. Pausa Quizás tu eres el verso Que yo no sé recitar Quizás tu eres alma Y la mía, ni siquiera se donde está. Quizás tu eres futuro En el que yo aún no he podido pensar Quizás tu lo eres todo Y no pretendo nada más Pero lo siento, Quizas no estoy acostumbrada a amar. Pausa Aunque si quizás rompo los quizás Y si quizás el quizás contigo no está Porque a tu lado hay seguridad Y no la duda que aporta el Quizás Si quizas hicieses que el quizás desaparezca Aunque a veces luche por entrar Quizás ya es hora ¿no...? Quizás ya es hora por fin de saber lo que es amar ....
Por qué me considero poeta

Porque uso a palabra como ferramenta e como arma para sobrevivir no mundo.

Contacto
La dirección no se muestra en la página. Aparece al hacer clic.
Enlaces
Ficha número 104 del censo. Ficha actualizada el 7 de agosto de 2026Siguiente poeta →